Selección de Videos Magos Profesionais

Loading...

martes, 29 de junio de 2010

Peregrinaxe Máxica - camiño de Santiago

Do dia 14 o 21 de Xullo programamo unha peregrinaxe máxica para todos aqueles que nos queiran a compañar . Estarán presentes tódalas artes escénicas para camiñar e pedirlle o Apótolo que nos de axudas para poder seguir adiante coas nosas profesións.

Lembrade que haberá xente que só poida os primeiros días...
Haberá outros que só poidan os últimos días
Outros poden algúns días dos primeiros, logo teñen que marchar, pero logo se reincorporan ó final.

Pero o importante é que haberá xente....e moita

Se se poden estar tódolos días xenial, pero nesta iniciativa aportamos o que poidamos cada un de nós..todo sexa polo amor a nosa arte.

Faremos unha media duns 20 km diarios.



Os que teñan algún día ocupado, poden sair da marcha para reeincorporarse despois.



Teremos 1 COCHE DE APOIO para:

-Levar material de megafonía e micros para as interaccións nos finais d etapa.

-Achegarnos a unha estación por se alguén ten que marchar...ou achegalo onde teña o coche

-Meter alí material, para ir máis lixeiro, ou meter tendas de campaña por se acaso.

1º DÍA, 14 de xullo: CEBREIRO - TRIACASTELA

2º DÍA, 15dexullo: TRIACASTELA - SARRIA

3º DÍA, 16 de xullo: SARRIA - PORTOMARÍN

4º DÍA, 17 de xullo: PORTOMARÍN - PALAS

5º DÍA, 18 de xullo: PALAS - MELIDE

6º DÍA, 19 de xullo: MELIDE - ARZÚA

7º DÍA, 20 de xullo: ARZÚA – O PINO

8º DÍA, 21 de xullo: O PINO - SANTIAGO



Maxias polo camiño e nos finais de etapa


Todos os que queirades participar podedes mandar un correo electrónico a:

magosgalegos@magosgalegos.com



ESPERÁMOSVOS A TODOS ¡¡

viernes, 4 de junio de 2010

BENVIDOS

Prezados amigos,

Benvidos ó blog da asociación de Magos Profesionais de Galicia. Coma sabedes, xa cumprimos 4 anos.

Moito traballo máxico cos profesionais e coas administracións públicas, da coma resultado un movemento máxico sen precedentes:

Circuíto Galego da Maxia (entre 40 e 50 concellos tódolos anos), Axudas Públicas para a Produción de Espectáculos, Axudas Públicas para os Investimentos nos Espectáculos, Circuítos en formato pequeño, coma o de “Maxia ó vivo”, Circuítos co Xacobeo, etc.

Toda a defensa que fixo esta asociación para a Maxia Profesional, da coma resultado, que 4 anos máis tarde, teñamos en Galicia, MÁIS ESPECTÁCULOS de maxia e MÁIS PROFESIONÁIS da nosa arte.
Fai 4 anos era un soño……hoxe, a realidade é que estamos na comunidade que máis Circuítos, Festivais, etc, posúe.
Continuamos con novos proxectos para este ano, uns xa e marcha e outros que moi pronto anunciaremos.
O segredo desta asociación é que SEMPRE defenderá os intereses de TODOS.
Apertas