viernes, 4 de junio de 2010

BENVIDOS

Prezados amigos,

Benvidos ó blog da asociación de Magos Profesionais de Galicia. Coma sabedes, xa cumprimos 4 anos.

Moito traballo máxico cos profesionais e coas administracións públicas, da coma resultado un movemento máxico sen precedentes:

Circuíto Galego da Maxia (entre 40 e 50 concellos tódolos anos), Axudas Públicas para a Produción de Espectáculos, Axudas Públicas para os Investimentos nos Espectáculos, Circuítos en formato pequeño, coma o de “Maxia ó vivo”, Circuítos co Xacobeo, etc.

Toda a defensa que fixo esta asociación para a Maxia Profesional, da coma resultado, que 4 anos máis tarde, teñamos en Galicia, MÁIS ESPECTÁCULOS de maxia e MÁIS PROFESIONÁIS da nosa arte.
Fai 4 anos era un soño……hoxe, a realidade é que estamos na comunidade que máis Circuítos, Festivais, etc, posúe.
Continuamos con novos proxectos para este ano, uns xa e marcha e outros que moi pronto anunciaremos.
O segredo desta asociación é que SEMPRE defenderá os intereses de TODOS.
Apertas

No hay comentarios: